NewsFlash







DESCRICIÓN:
O sucesor espiritual de FeedReader. Un moderno lector de fontes deseñado para o escritorio GNOME. NewsFlash é un programa deseñado para complementar unha conta de lector RSS baseada na web xa existente. Combina todas as vantaxes dos servizos baseados na web, como a sincronización en todos os teus dispositivos con todo o que esperas
desde un programa de escritorio moderno: notificacións de escritorio, busca e filtrado rápidos, etiquetado, atallos de teclado prácticos e acceso a todos os teus artigos o tempo que queiras.